O BNG denuncia que o Instituto Xeográfico Nacional vulnera a legalidade lingüística utilizando formas como “Rianjo”, “Arteijo”, “Ginzo de Limia”, “Las Nieves” ou “Jove”
20 de marzo do 2007 publicado por
bngarzua
|
|
Así, nos datos e servizos a cerca da rede xeodésica atopamos �unha versión alarmante da toponimia galega, que non só se corresponde coas formas toponímicas orixinais e legais, senón que se permite o luxo de realizar un novo alarde agresivo ao inventar formas toponímicas que se pasan pola turmix dunha pretendida castelanización�, denuncian os representantes do BNG.Así, xunto aos xa reiterados Orense e La Coruña, atopamos �perlas� como �Ginzo de Limia� , �Laroco�, �Chandreja de Queija�, �El Irijo� ou �Lobera�, na provincia de Ourense; �Rianjo�, �Arteijo�, �Mellid�, �Mujía� ou �Puerto del Son�, na da Coruña; �Las Nieves�, �Sangenjo� ou �Sotomayor�, na de Pontevedra, ou �Jove�, �Germade�, �Los Nogales�, ou �Pedrafita del Cebrero�, na de Lugo. Os representantes do BNG advirten de que �mesmo nalgúns casos custa traballo identificar os topónimos aos que se refire�. O Instituto Xeográfico Nacional participa na Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia E todo isto, non por falta de coñecemento xa que, tal como lembran, �o nomenclátor oficial a través do cal se estableceron os topónimos galegos é o elaborado pola Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia, na que participou o Instituto Xeográfico Nacional�. Ademáis, critican tamén que a versión en galego da páxina web dos dous organismos �teña a maior parte dos seus contidos en castelán e que as partes en galego estean inzadas de grallas ortográficas�. Por todo isto, os representantes do BNG pregúntalle ao Goberno se vai adoptar medidas �de inmediato� para corrixir a toponimia galega que aparece nas devanditas páxinas web e se vai realizar as xestións oportunas �para que este tipo de situacións vergoñentas non se repitan�. Por último, e entre outras preguntas, Francisco Jorquera e Francisco Rodríguez pergúntalle ao Goberno por qué ocorre con tanta frecuencia esta reiterada falla de respeito pola legalidade lingüística por parte das institucións oficiais da Administración do Estado e se isto non se corresponden �cunha teima desmedida por castelanizar todo aquilo que sone a denominación galega�. |
Arquivado en Nacional |
Sen comentarios »