Campaña de Galiza Nova polo goberno seguro

25 de maio do 2007 publicado por bngarzua

Galiza Nova, mocidades do BNG, ven de sacar unha campaña en Arzúa polo voto seguro.

Baixo o lema, no voto como no sexo, sempre con seguridade, Galiza Nova pretende dar a coñecer a importancia que ten que exista ou non un goberno nacionalista nas administracións. A través desta campaña, querese amosar, como dende a entrada do BNG na Xunta de Galiza, pasamos a ter unha administración que actuaba como decía o de aquelas presidente Don Manuel Fraga : SEN CONDÓN, a ter agora un goberno que mira polos mozos e mozas deste país.

Como dende a Consellería de vicepresidencia dirixida por Anxo Quintana, máis concretamente, dende a Secretaría Xeral de Xuventude, se están abrindo centros afectivo-sexuais para a mocidade en todo o país, os centros Quérote.

Así, amén de recordar (que nunca ven de máis) que o sexo se debe practicar sempre coas maiores garantías de seguridade, recordamos tamén, que un goberno local ten que ser exactamente igual, un goberno con garantías un goberno seguro, en definitiva, un goberno do BNG cunha maioría suficiente que lle permita gobernar sen ter que andar pensando nos caprichos puntuais de unha ou outra persoa que se poida facer chamar “socio de goberno”.

Arquivado en Galiza Nova, Municipais'07 | Sen comentarios »

Festa de peche de campaña

22 de maio do 2007 publicado por bngarzua

Despois de pasar por todas as Parroquias do noso concello, nesta campaña electoral, o BNG de Arzúa quere convidar a tod@s @s veciñ@s á súa festa de peche de campaña.

Será en Ribadiso, o venres, ás dez da noite, e contaremos con música, uns pinchos, e como non, un viño para coller forza antes da xornada do domingo.

Arquivado en Municipais'07 | Sen comentarios »

Mitin central en Arzúa

22 de maio do 2007 publicado por bngarzua

Arquivado en Municipais'07 | Sen comentarios »

Videos electorais do BNG

19 de maio do 2007 publicado por bngarzua

Versión longa; 8 minutos:

Versión curta; 2 minutos:

Arquivado en Municipais'07 | Sen comentarios »

A Candidatura do BNG en imaxes

18 de maio do 2007 publicado por bngarzua

A continuación, adxuntamos a candidatura do BNG a estas eleccións municipais en imaxes.

En dito arquivo coñeceredes con nome e apelidos, esta lista formada por homes e mulleres, mozos e mozas, do noso concello, traballadores e traballadoras, , gandeir@s , estudantes, profesoras e profesores, …

Podes ver o arquivo en PDF [ clicando aquí ] Boa lectura!

Arquivado en Municipais'07 | Sen comentarios »

Centos de persoas arrouparon onte a candidatura do BNG

24 de abril do 2007 publicado por bngarzua


Centos de persoas asistiron onte ao acto de presentación da candidatura que o Bloque apresenta para estas eleccións municipais no noso concello. María Xosé Bravo e máis o conselleiro de Innovación e Industria (Fernando Blanco) achegáronse onte até a casa da cultura de Arzúa, para mostrar o seu apoio aos integrantes da lista.

Xaquín, no seu discurso afirmou que todos e cada un dos membros da lista que el mesmo encabeza teñen ganas e ideas para seguir traballando arreo para todos os veciños e facer que Arzúa siga avanzando. Tamén, o candidato á alcaldía fixo referencia á boa acción do goberno municipal nos últimos 4 anos, comparando a situación económica actual coa que o anterior goberno (PP) deixara, así como un resumo das principais obras realizadas tanto no pobo como nas aldeas.

Arquivado en Actos, Municipais'07 | Sen comentarios »

Contamos contigo!

21 de abril do 2007 publicado por bngarzua

Arquivado en Municipais'07 | Sen comentarios »

Presentación da candidatura en Arzúa

17 de abril do 2007 publicado por bngarzua

O vindeiro luns, día 23 ás 22:00 hs. terá lugar na Casa da Cultura a presentación da Candidatura do BNG en Arzúa. Unha candidatura, feita dende Arzúa, e pensando únicamente, nos intereses do noso Concello. Como non se podía agardar menos do BNG, esta lista, está integrada por homes e mulleres de Arzúa, por xente nova, e por xente non tan nova, do núcleo urbano e das parroquias. Unha lista que recolle xente capaz de tentar solucionar todas as desmelloras que poden existir nun concello como o noso.

Neste acto contaremos coa presenza de Fernando Blanco, Conselleiro de Innovación e Industria, e María Xosé Bravo, membro da Executiva Nacional e Secretaria de comunicación do BNG.

Agardámoste no acto!

Arquivado en Arzúa, Municipais'07 | 1 Comentario »

Aquí está o BNG!

16 de marzo do 2007 publicado por bngarzua

Arquivado en Municipais'07 | Sen comentarios »