As XIX Xornadas de Verán de Galiza Nova serán na nosa comarca

14 de setembro do 2007 publicado por bngarzua

Galiza Nova organiza as XIX Xornadas de Verán na Comarca da Montaña
Publicado o 13/09/2007 ás 19:05:14 en Xeral

Un ano máis, Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG, organiza as Xornadas de Verán. Este ano as XIX xornadas de Verán serán na Comarca da Montaña, que abrangue os concellos de: concellos de Sobrado, Vilasantar, Arzúa, Melide, Toques, Boimorto,Curtis, Mesía e Santiso. As xornadas de verán son tres días, o 21,22 e 23 de Setembro de festa, deportes, charlas, convivencia, coñecemento do país. Anímate a participar enviando a túa inscripción a nacional@galizanova.org. A cuota de inscripción son só 15€ e inclúe comida, durmida, desprazamento e actividades. NON AS PODES PERDER!! Vai a ler máis para visualizar o programa completo.

PROGRAMA DAS XIX XORNADAS DE VERÁN DA MOCIDADE GALEGA.
VENRES:
 


18.30 Saída en bus dende Compostela
 


19:30-20h- recepción no Concello de Arzúa
 


21:30- Cea no Multiusos de Arzúa
 

23:00- Festa
 


 


SÁBADO
 


9:30 Almorzo
 


11:00 Visita ao Enredo do Abelleiro
 


12:30 Saída cara Porto de Mouros e actividades
 


14:30 Xantar
 


16:30 Saída cara Sobrado dos Monxes e visita
 


18.00 Saída cara Melide
 


19:30 Recepción no Concello de Melide
 


20:30 Charla na sala de conferencias
 


22:00 Saída cara o pavillón e cea
 


23:00 Saída de marcha por Melide
 


 


DOMINGO
 


10:30 Almorzo
 


11:30 Visita ao Museo Terra de Melide
 


12.30 Saída cara Arzúa
 


13:00h Homenaxe na Praza da Vila
 


14:30 Xantar na Área recreativa de Ribadiso
 


16:30 Saída cara Compostela

Arquivado en Galiza Nova | Sen comentarios »

Campaña de Galiza Nova polo goberno seguro

25 de maio do 2007 publicado por bngarzua

Galiza Nova, mocidades do BNG, ven de sacar unha campaña en Arzúa polo voto seguro.

Baixo o lema, no voto como no sexo, sempre con seguridade, Galiza Nova pretende dar a coñecer a importancia que ten que exista ou non un goberno nacionalista nas administracións. A través desta campaña, querese amosar, como dende a entrada do BNG na Xunta de Galiza, pasamos a ter unha administración que actuaba como decía o de aquelas presidente Don Manuel Fraga : SEN CONDÓN, a ter agora un goberno que mira polos mozos e mozas deste país.

Como dende a Consellería de vicepresidencia dirixida por Anxo Quintana, máis concretamente, dende a Secretaría Xeral de Xuventude, se están abrindo centros afectivo-sexuais para a mocidade en todo o país, os centros Quérote.

Así, amén de recordar (que nunca ven de máis) que o sexo se debe practicar sempre coas maiores garantías de seguridade, recordamos tamén, que un goberno local ten que ser exactamente igual, un goberno con garantías un goberno seguro, en definitiva, un goberno do BNG cunha maioría suficiente que lle permita gobernar sen ter que andar pensando nos caprichos puntuais de unha ou outra persoa que se poida facer chamar “socio de goberno”.

Arquivado en Galiza Nova, Municipais'07 | Sen comentarios »

Galiza Nova elixiu onte o responsábel comarcal

4 de abril do 2007 publicado por bngarzua

A asemblea de Galiza Nova da comarca da Montaña elixiu onte a Manuel García (Arzúa) como responsábel comarcal, substituíndo así a Xulio Fernandez logo de dous anos ao fronte da organización a nivel comarcal. Zeltia Laya (Melide), foi elixida viceresponsábel e a asamblea de mulleres será a que elixa á súa responsábel.

Arquivado en Galiza Nova | 1 Comentario »