Presentación da candidatura en Arzúa

17 de abril do 2007 publicado por bngarzua

O vindeiro luns, día 23 ás 22:00 hs. terá lugar na Casa da Cultura a presentación da Candidatura do BNG en Arzúa. Unha candidatura, feita dende Arzúa, e pensando únicamente, nos intereses do noso Concello. Como non se podía agardar menos do BNG, esta lista, está integrada por homes e mulleres de Arzúa, por xente nova, e por xente non tan nova, do núcleo urbano e das parroquias. Unha lista que recolle xente capaz de tentar solucionar todas as desmelloras que poden existir nun concello como o noso.

Neste acto contaremos coa presenza de Fernando Blanco, Conselleiro de Innovación e Industria, e María Xosé Bravo, membro da Executiva Nacional e Secretaria de comunicación do BNG.

Agardámoste no acto!

Arquivado en Arzúa, Municipais'07 | 1 Comentario »

En Arzúa en galego!

7 de abril do 2007 publicado por bngarzua

Unha vez máis o Concello de Arzúa promove o uso e defensa do noso idioma. Neste caso, e arredor da data sinalada do Día das Letras, a concellaría de Cultura organiza o III Certame de relato curto A Nosa Lingua. Dende o BNG de Arzúa, non podemos facer outra cousa que darlle os parabéns ao concello por esta e outras iniciativas, así como animarvos a participar en dito certame.

Podedes ver as bases na páxina do concello (clicar para acceder)

Arquivado en Arzúa, Lingua | Sen comentarios »

Programación para a Festa do Queixo

23 de febreiro do 2007 publicado por bngarzua

Dende o BNG local queremos dar os nosos parabéns ao goberno nacionalista do Concello de Arzúa e a todas as persoas que fan que sexa posíbel ano tras ano realizar esta festa grande do noso concello.

Polo seu interese, reproducimos a continuación o programa da Festa. Podes acceder ao cartel do programa en versión PDF [aquí]

Venres, 2 de marzo
21.30 h NOITE DE RUADA.Cantigas populares
- MINI E MERO
- FOL DE VENENO
- A RONDALLA MORAIMA

Sábado, 3 de marzo

16.30 h APERTURA PORTAS RECINTO FEIRAL
Exposición e venda de queixos
Obradoiro de elaboración de queixo tradicional -para mozos e nenos-
Exposición “Concurso Cartaz Anunciador XXXII Festa do Queixo”. Na Capela da Madanela

18.00 h INAUGURACIÓN OFICIAL XXXII FESTA DO QUEIXO. Na Praza da Vila Pregón:Yolanda Castaño, poeta
Entrega de Premios “Concurso Cartaz Anunciador XXXII Festa do Queixo”
Entrega premios I Concurso de Tapas e Pinchos Festa do Queixo
Entrega de distinción á Persoa Homenaxeada

19.00 h Visita autoridades recinto feiral

20.00 h Charanga os Kilomberos de Monte Alto

22.00 h XXXII FESTIVAL DO QUEIXO
LA EXCEPCIÓN
22.00 h No Campo da Feira
MACACO
23.45 h No Campo da Feira
DIOS KE TE CREW
01.45 h Na Praza da Vila
Domingo, 4 de marzo

10.00 h APERTURA RECINTO FEIRAL: exposición e venda de queixos

10.00 h Grupo Gaiteiros Froito Novo

11.00 h Grupo Gaiteiros Os Melidaos

12.00 h Charanga Os Amigos

12.00 h Demostración elaboración de Queixo de Arzúa. No Recinto Feiral

13.00 h Charanga Os Festicultores

13.30 h Degustación do Queixo Arzúa-Ulloa. No Recinto Feiral

17.00 h Xincana temática do queixo de Arzúa. No Recinto Feiral

19.00 h XXXII FESTIVAL DO QUEIXO
SON DE SEU
19.00 h No Campo da Feira
TREIXADURA
21.00 h No Praza da Vila
———————————————————–
Concurso de tapas e pinchos “FESTA DO QUEIXO”
Nos establecementos de hostalaría e bares de Arzúa, o venres 2 e sábado 3 de marzo.

En colaboración coa Asoc. Hostaleiros de Arzúa e C.R.D.O. Arzúa-Ulloa

Arquivado en Arzúa | Sen comentarios »

Presentación de Xaquín como candidato a alcalde

19 de febreiro do 2007 publicado por bngarzua

PD: ao remate, o BNG local convidará aos asistentes a uns pinchos no Restaurante Villanueva

Arquivado en Arzúa | Sen comentarios »

Entroido 2007

19 de xaneiro do 2007 publicado por bngarzua

                             

Un ano máis, o goberno naiconalista de Arzúa ten a ben promocionar unhas festas tan nosas nestas datas, as festas do entroido.

Como en anteriores edicións, dende o Concello de Arzúa anímase a tod@s @s arzuáns a participar delas. Dende o BNG de Arzúa, non podemos máis que dar os nosos parabéns a este tipo de iniciativas que intentan recuperar o sentir das nosas tradicións.

Queremos tamén animarvos, e desexarvos sorte á hora de poder acadar a un dos formidábeis premios que se outorgan no concurso do día 18 de febreiro.

As bases do concurso son as seguintes :

Bases do Concurso de Carrozas e Comparsas:

  1. Poderán presentar carroza ou comparsa cantas persoas, grupos de persoas ou asociacións o desexen.
  2. A escena a representar é libre.
  3. Para participar no concurso é obrigatorio inscribirse previamente no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa, en horario de 09:00 a 15:00 horas ou chamando ó 981.500.000 (ext.22, preguntar por Patricia).
  4. O prazo de inscrición remata ás 15:00 horas do venres, 16 de febreiro de 2007.
  5. O desfile celebrarase o domingo, 18 de febreiro de 2007 a partir das 17:30h. O percorrido comezará e rematará no Centro Multiusos de Arzúa.
  6. Os grupos participantes deberán presentarse no Centro Multiusos media hora antes da saída.
  7. Cada grupo de participantes deberá levar diante, nun lugar destacado, un cartel ou bandoleira no que figurará a denominación do mesmo.
  8. Os premios establecidos polo Departamento de Cultura son os seguintes:
    Para as carrozas:
    1º Premio: 500 €
    2º Premio: 300 €
    3º Premio: unha cesta de Entroido
    Para as Comparsas:
    1º Premio: 200 €
    2º Premio: 100 €
    3º Premio: unha cesta de Entroido
  9. O xurado nomeado ó efecto será o encargado de outorgar os premios, tendo a facultade de non admitir no desfile e no concurso aquelas Carrozas/Comparsas que considere non reúnen as condicións estéticas suficientes. O seu fallo será inapelable.
  10. Os membros do xurado ó outorgar as diferentes puntuacións terán en conta a vistosidade, orixinalidade e posta en escena, tanto da Carroza/Comparsa coma do disfrace, así como a adecuación destes con motivos propios do Entroido.
  11. O Departamento de Cultura resérvase o dereito de alterar ou modificar se fose preciso o lugar, data e hora do concurso.
  12. A participación neste concurso implica a aceptación das bases establecidas.

Bases do Concurso de Disfrace Infantil:

  1. Poderán participar cantos nenos/as o desexen, en idades comprendidas entre os 0-16 anos.
  2. O concurso de disfraces terá lugar durante o Desfile de Carrozas e Comparsas, o domingo, 18 de febreiro de 2007, a partir das 17:30 h. O percorrido (de 1,5 Km) comezará e rematará no Mercado-Centro Multiusos de Arzúa.
  3. Só haberá unha categoría (disfrace infantil) con tres premios.
  4. Os premios establecidos polo Departamento de Cultura son:
    1º Premio: un ordenador
    2º Premio: un teléfono móbil
    3º Premio: un reprodutor de CDs portátil
  5. Para optar ó premio é obrigatorio ir disfrazado e realizar o percorrido completo do desfile.
  6. O Xurado nomeado ó efecto (o tamén formado para o Concurso de Carrozas e Comparsas) será o encargado de outorga-los premios que se entregarán ó remate do concurso.
  7. En igualdade de condicións, serán preferentemente valorados os deseños propios.
  8. Todos os nenos/as que desexen participan deberán presentarse no Mercado Municipal media hora antes da saída.
  9. A participación neste concurso implica a aceptación das bases establecidas

Arquivado en Arzúa | Sen comentarios »