9 de agosto do 2007 publicado por
bngarzua

Militantes e simpatizantes do BNG en Arzúa participaron un ano máis na manifestación organizada polo BNG a nivel nacional, para reclamar a autodeterminación da nación galega. Na manifesación que comezou na Alameda da capital, rematou cun discurso na Praza da Quintana da Secretaria Xeral de Galiza Nova máis do Portavoz Nacional do Bloque, que recalcou moito a importacia de que os nacionalistas academos un bó resultado nas próximas eleccións xerais, para que Galiza sexa respetada a nivel estatal e conseguir o estatus que nos merecemos.
Logo participamos no tradicional xantar que a comarca organiza o día na patria.
Ademais Galiza Nova colocou unha faixa na praza da vila co lema “AUTODETERMINACIÓN, 25 de xullo día da patria”
Arquivado en Actos |
Sen comentarios »
24 de abril do 2007 publicado por
bngarzua

Centos de persoas asistiron onte ao acto de presentación da candidatura que o Bloque apresenta para estas eleccións municipais no noso concello. María Xosé Bravo e máis o conselleiro de Innovación e Industria (Fernando Blanco) achegáronse onte até a casa da cultura de Arzúa, para mostrar o seu apoio aos integrantes da lista.
Xaquín, no seu discurso afirmou que todos e cada un dos membros da lista que el mesmo encabeza teñen ganas e ideas para seguir traballando arreo para todos os veciños e facer que Arzúa siga avanzando. Tamén, o candidato á alcaldía fixo referencia á boa acción do goberno municipal nos últimos 4 anos, comparando a situación económica actual coa que o anterior goberno (PP) deixara, así como un resumo das principais obras realizadas tanto no pobo como nas aldeas.
Arquivado en Actos, Municipais'07 |
Sen comentarios »
25 de febreiro do 2007 publicado por
bngarzua

O voceiro do BNG no parlamento de Galiza, e máis o conselleiro de Medio Rural mostraron onte o seu apoio ao candidato para a alcaldía do BNG no noso concello, nun acto que foi presentado polo responsábel local, X.X Carril. Os tres fixeron referencia ao bó facer, durante estes últimos 4 anos, de Xaquín e o seu equipo de goberno, a pesar dos atrancos que tiveron xa dende o principio da lexislatura. (en referencia ao pacto co PSOE).
Para que na próxima lexislatura, non suceda isto, pediron o esforzo de tod@s @s arzuáns para poder ter un goberno únicamente e cunha maioría suficiente nacionalista.
Xaquín fixo un resumo do que foron estes 4 anos de goberno e asegurou que de non ser polos atrancos que lles puxeron os edís socialistas, os feitos houbesen sido moito máis notábeis. Aínda así, o actual rexidor, está moi satisfeito polo traballo feito, anque afirmou que aínda queda moito por cambiar.
Arquivado en Actos |
Sen comentarios »