Castelao: “Fixo máis por Galiza que todos nós”
6 de agosto do 2007 publicado por
bngarzua
Así definiu Castelao a Ánxel Casal. Alcalde de Santiago de Compostela e veciño durante unha temporada da vila de Vilantime. Casal foi sen dúbida unha das figuras máis importantes do republicanismo e nacionalismo en Galiza. Emigrou a Bos Aires, pero logo volvería para ao noso país para seguir traballando a prol da nosa cultura e da nosa identidade. Foi tamén un grande defensor do estatuto que sería aprobado en referendum no ano 36, pero que non chegou a antrar en vigor pola sublevación do bando fascista nese mesmo ano.
Ánxel Casal foi apresado en Vilantime e fusilado o 4 de agosto de 1936 en Cacheiras (preto de Santiago).
Por iso Galiza Nova de Arzúa decidiu facerlle no día no que se cumprían 71 anos da súa morte unha pequena homenaxe colocando na praza da vila unha pancarta lembrando a un grande patriota e loitador.

Arquivado en Homenaxes |