Arzúa no día da patria 2007

9 de agosto do 2007 publicado por bngarzua

 

 

 

Militantes e simpatizantes do BNG en Arzúa participaron un ano máis na manifestación organizada polo BNG a nivel nacional, para reclamar a autodeterminación da nación galega. Na manifesación que comezou na Alameda da capital, rematou cun discurso na Praza da Quintana da Secretaria Xeral de Galiza Nova máis do Portavoz Nacional do Bloque, que recalcou moito a importacia de que os nacionalistas academos un bó resultado nas próximas eleccións xerais, para que Galiza sexa respetada a nivel estatal e conseguir o estatus que nos merecemos.

Logo participamos no tradicional xantar que a comarca organiza o día na patria. 

Ademais Galiza Nova colocou unha faixa na praza da vila co lema “AUTODETERMINACIÓN, 25 de xullo día da patria”

Arquivado en Actos | Sen comentarios »

Castelao: “Fixo máis por Galiza que todos nós”

6 de agosto do 2007 publicado por bngarzua

Así definiu Castelao a Ánxel Casal. Alcalde de Santiago de Compostela e veciño durante unha temporada da vila de Vilantime. Casal foi sen dúbida unha das figuras máis importantes do republicanismo e nacionalismo en Galiza. Emigrou a Bos Aires, pero logo volvería para ao noso país para seguir traballando a prol da nosa cultura e da nosa identidade.  Foi tamén un grande defensor do estatuto que sería aprobado en referendum no ano 36, pero que non chegou a antrar en vigor pola sublevación do bando fascista nese mesmo ano.

Ánxel Casal foi apresado en Vilantime e fusilado o 4 de agosto de 1936 en Cacheiras (preto de Santiago).

Por iso Galiza Nova de Arzúa decidiu facerlle no día no que se cumprían 71 anos da súa morte unha pequena homenaxe colocando na praza da vila unha pancarta lembrando a un grande patriota e loitador.

Arquivado en Homenaxes | Sen comentarios »