Campaña de Galiza Nova polo goberno seguro
25 de maio do 2007 publicado por
bngarzua
Galiza Nova, mocidades do BNG, ven de sacar unha campaña en Arzúa polo voto seguro.
Baixo o lema, no voto como no sexo, sempre con seguridade, Galiza Nova pretende dar a coñecer a importancia que ten que exista ou non un goberno nacionalista nas administracións. A través desta campaña, querese amosar, como dende a entrada do BNG na Xunta de Galiza, pasamos a ter unha administración que actuaba como decía o de aquelas presidente Don Manuel Fraga : SEN CONDÓN, a ter agora un goberno que mira polos mozos e mozas deste país.
Como dende a Consellería de vicepresidencia dirixida por Anxo Quintana, máis concretamente, dende a Secretaría Xeral de Xuventude, se están abrindo centros afectivo-sexuais para a mocidade en todo o país, os centros Quérote.
Así, amén de recordar (que nunca ven de máis) que o sexo se debe practicar sempre coas maiores garantías de seguridade, recordamos tamén, que un goberno local ten que ser exactamente igual, un goberno con garantías un goberno seguro, en definitiva, un goberno do BNG cunha maioría suficiente que lle permita gobernar sen ter que andar pensando nos caprichos puntuais de unha ou outra persoa que se poida facer chamar “socio de goberno”.
Arquivado en Galiza Nova, Municipais'07 |