Centos de persoas arrouparon onte a candidatura do BNG
24 de abril do 2007 publicado por
bngarzua
Centos de persoas asistiron onte ao acto de presentación da candidatura que o Bloque apresenta para estas eleccións municipais no noso concello. María Xosé Bravo e máis o conselleiro de Innovación e Industria (Fernando Blanco) achegáronse onte até a casa da cultura de Arzúa, para mostrar o seu apoio aos integrantes da lista.
Xaquín, no seu discurso afirmou que todos e cada un dos membros da lista que el mesmo encabeza teñen ganas e ideas para seguir traballando arreo para todos os veciños e facer que Arzúa siga avanzando. Tamén, o candidato á alcaldía fixo referencia á boa acción do goberno municipal nos últimos 4 anos, comparando a situación económica actual coa que o anterior goberno (PP) deixara, así como un resumo das principais obras realizadas tanto no pobo como nas aldeas.
Arquivado en Actos, Municipais'07 |