Presentación da candidatura en Arzúa

17 de abril do 2007 publicado por bngarzua

O vindeiro luns, día 23 ás 22:00 hs. terá lugar na Casa da Cultura a presentación da Candidatura do BNG en Arzúa. Unha candidatura, feita dende Arzúa, e pensando únicamente, nos intereses do noso Concello. Como non se podía agardar menos do BNG, esta lista, está integrada por homes e mulleres de Arzúa, por xente nova, e por xente non tan nova, do núcleo urbano e das parroquias. Unha lista que recolle xente capaz de tentar solucionar todas as desmelloras que poden existir nun concello como o noso.

Neste acto contaremos coa presenza de Fernando Blanco, Conselleiro de Innovación e Industria, e María Xosé Bravo, membro da Executiva Nacional e Secretaria de comunicación do BNG.

Agardámoste no acto!

Arquivado en Arzúa, Municipais'07 |

Comentarios

  1. zerovacas Escribiu:

    Nas eleccións dos vindeiros anos van gañar importancia o vídeo e a propaganda viral audiovisual, debido ao fabuloso impacto que a televisión participativa ten para o marketing político. Pero os cidadáns tamén falan e cada vez aportan máis munición propia en internet. A política xa se televisa na Rede e o audiovisual, co seu enorme poder, deixa de ser un monopolio dos titulares das licencias televisivas ou das grandes canles.

    A propaganda da imaxe é máis rendible que a palabra, e en consecuencia o vídeo participativo tense convertido xa nunha forza política de primeira orde, grazas a youtube e a outros servidores abertos. Nos EE.UU. (varios exemplos), en España en 2004 (Hay Motivo) e en Galicia en 2005 (Hai que botalos). Propaganda política, debate político e denuncia, sempre mesturados co humor. Emoción e entretemento.

    O mellor exemplo tivémolo no outono pasado na campaña electoral para as eleccións lexislativas norteamericanas. The People Choose 2006 converteuse nun dos instrumentos máis populares e efectivos da televisión política participativa até o momento: un sitio onde aloxar vídeos políticos para democratizar a televisión electoral, ordenados por circunscricións, partidos, parlamentarios e candidatos.

    As novas tecnoloxías, o abaratamento dos custes de gravación, a difusión de programas de edición caseiros e, sobre todo, as posibilidades de distribución que ofrece internet, son factores que fan que hoxendía calquera colectivo poida ter a súa propia televisión. Isto é, de por si, bo para a sociedade democrática, xa que permite a actores até agora marxinados integrarse ao proceso audiovisual.

    Colle o móbil, a cámara de fotos, a cámara de vídeo, fai unha montaxe de fotografías… E denuncia o que marcha mal no teu concello, no teu barrio. Denuncia a especulación urbanística, os vertidos, a destrución da costa, o nepotismo, a corrupción, ou simplemente o deficiente asfaltado dun camiño. Porque eles gobernan, pero ti mandas. Por iso, manda o teu vídeo, manda ti: zerovacas@gmail.com

    MANDA-TI

Escribir comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.