27 de abril do 2007 publicado por
bngarzua
[swf]“http://widget-21.slide.com/widgets/slideticker.swf”,400,300[/swf]
Arquivado en Sen clasificar |
Sen comentarios »
27 de abril do 2007 publicado por
bngarzua
[swf]“http://widget-21.slide.com/widgets/slideticker.swf”,400,300[/swf]
Arquivado en Sen clasificar |
Sen comentarios »
24 de abril do 2007 publicado por
bngarzua
Centos de persoas asistiron onte ao acto de presentación da candidatura que o Bloque apresenta para estas eleccións municipais no noso concello. María Xosé Bravo e máis o conselleiro de Innovación e Industria (Fernando Blanco) achegáronse onte até a casa da cultura de Arzúa, para mostrar o seu apoio aos integrantes da lista.
Xaquín, no seu discurso afirmou que todos e cada un dos membros da lista que el mesmo encabeza teñen ganas e ideas para seguir traballando arreo para todos os veciños e facer que Arzúa siga avanzando. Tamén, o candidato á alcaldía fixo referencia á boa acción do goberno municipal nos últimos 4 anos, comparando a situación económica actual coa que o anterior goberno (PP) deixara, así como un resumo das principais obras realizadas tanto no pobo como nas aldeas.
Arquivado en Actos, Municipais'07 |
Sen comentarios »
21 de abril do 2007 publicado por
bngarzua

Arquivado en Municipais'07 |
Sen comentarios »
17 de abril do 2007 publicado por
bngarzua

O vindeiro luns, día 23 ás 22:00 hs. terá lugar na Casa da Cultura a presentación da Candidatura do BNG en Arzúa. Unha candidatura, feita dende Arzúa, e pensando únicamente, nos intereses do noso Concello. Como non se podía agardar menos do BNG, esta lista, está integrada por homes e mulleres de Arzúa, por xente nova, e por xente non tan nova, do núcleo urbano e das parroquias. Unha lista que recolle xente capaz de tentar solucionar todas as desmelloras que poden existir nun concello como o noso.
Neste acto contaremos coa presenza de Fernando Blanco, Conselleiro de Innovación e Industria, e María Xosé Bravo, membro da Executiva Nacional e Secretaria de comunicación do BNG.
Agardámoste no acto!
Arquivado en Arzúa, Municipais'07 |
1 Comentario »
7 de abril do 2007 publicado por
bngarzua

Unha vez máis o Concello de Arzúa promove o uso e defensa do noso idioma. Neste caso, e arredor da data sinalada do Día das Letras, a concellaría de Cultura organiza o III Certame de relato curto A Nosa Lingua. Dende o BNG de Arzúa, non podemos facer outra cousa que darlle os parabéns ao concello por esta e outras iniciativas, así como animarvos a participar en dito certame.
Podedes ver as bases na páxina do concello (clicar para acceder)
Arquivado en Arzúa, Lingua |
Sen comentarios »
7 de abril do 2007 publicado por
bngarzua
Baixo este título de Política e Facenda, presentamos unha entrevista ao noso compañeiro Leonardo Bermúdez, que levou a pesada tarefa baixo a concellaría de Facenda, de facer cadrar as contas das arcas municipais durante estes catro anos, logo da grandísima débeda que deixarou no Concello o Partido Popular.
Polo seu interese, recomendamos a súa lectura:
Aquí tedes a entrevista en [formato web] ou en [formato PDF]
Arquivado en Entrevista |
Sen comentarios »
7 de abril do 2007 publicado por
bngarzua

Ante a parálise administrativa producida pola Consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, dependente do PSdG-PSOE e a petición do BNG de Arzúa, o noso compañeiro Carlos Fernando Blanco, deputado do Grupo Parlamentar do BNG, ven de preguntar no Parlamento Galego a que se deben as parálises na concesión de licenzas de ampliación para as explotacións no noso concello. Así recalcou tamén, que algunhas delas levan máis de un ano de retraso na tramitación de expedientes.
Podes ver o documento que recolle as preguntas [pinchando aquí]
Arquivado en Sen clasificar |
Sen comentarios »
4 de abril do 2007 publicado por
bngarzua

A asemblea de Galiza Nova da comarca da Montaña elixiu onte a Manuel García (Arzúa) como responsábel comarcal, substituíndo así a Xulio Fernandez logo de dous anos ao fronte da organización a nivel comarcal. Zeltia Laya (Melide), foi elixida viceresponsábel e a asamblea de mulleres será a que elixa á súa responsábel.
Arquivado en Galiza Nova |
1 Comentario »
Azurio ported to Wordpress by KTalks.com Originally developed by Luvion.