20 de marzo do 2007 publicado por
bngarzua
Francisco Rodríguez e Francisco Jorquera peden explicacións ao Goberno pola � teima desmedida por castelanizar todo aquilo que sone a denominación galega�
Madrid, 20 de Marzo 07.O senador do BNG, Francisco Jorquera, e mailo portavoz da formación nacionalista no Congreso dos Deputados, Francisco Rodríguez, veñen de presentar sendas preguntas nas que peden ao Goberno explicacións pola vulneración da legalidade lingüística dos topónimos galegos nas páxinas web do Instituto Xeográfico Nacional (www.ign.es) como do Centro Nacional de Información Xeográfica (www.cnig.es), ambos organismos dependentes do Ministerio de Fomento.
|
|
Así, nos datos e servizos a cerca da rede xeodésica atopamos �unha versión alarmante da toponimia galega, que non só se corresponde coas formas toponímicas orixinais e legais, senón que se permite o luxo de realizar un novo alarde agresivo ao inventar formas toponímicas que se pasan pola turmix dunha pretendida castelanización�, denuncian os representantes do BNG.Así, xunto aos xa reiterados Orense e La Coruña, atopamos �perlas� como �Ginzo de Limia� , �Laroco�, �Chandreja de Queija�, �El Irijo� ou �Lobera�, na provincia de Ourense; �Rianjo�, �Arteijo�, �Mellid�, �Mujía� ou �Puerto del Son�, na da Coruña; �Las Nieves�, �Sangenjo� ou �Sotomayor�, na de Pontevedra, ou �Jove�, �Germade�, �Los Nogales�, ou �Pedrafita del Cebrero�, na de Lugo.
Os representantes do BNG advirten de que �mesmo nalgúns casos custa traballo identificar os topónimos aos que se refire�.
O Instituto Xeográfico Nacional participa na Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia
E todo isto, non por falta de coñecemento xa que, tal como lembran, �o nomenclátor oficial a través do cal se estableceron os topónimos galegos é o elaborado pola Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia, na que participou o Instituto Xeográfico Nacional�.
Ademáis, critican tamén que a versión en galego da páxina web dos dous organismos �teña a maior parte dos seus contidos en castelán e que as partes en galego estean inzadas de grallas ortográficas�.
Por todo isto, os representantes do BNG pregúntalle ao Goberno se vai adoptar medidas �de inmediato� para corrixir a toponimia galega que aparece nas devanditas páxinas web e se vai realizar as xestións oportunas �para que este tipo de situacións vergoñentas non se repitan�.
Por último, e entre outras preguntas, Francisco Jorquera e Francisco Rodríguez pergúntalle ao Goberno por qué ocorre con tanta frecuencia esta reiterada falla de respeito pola legalidade lingüística por parte das institucións oficiais da Administración do Estado e se isto non se corresponden �cunha teima desmedida por castelanizar todo aquilo que sone a denominación galega�.
|
Arquivado en Nacional |
Sen comentarios »
16 de marzo do 2007 publicado por
bngarzua
Arquivado en Municipais'07 |
Sen comentarios »
16 de marzo do 2007 publicado por
bngarzua

Defender a Terra é defender Galiza!
Non podemos deixar de dar os nosos parabéns dende este espazo web do BNG de Arzúa á Concellaría de Medio Ambiente ante as novas publicadas polo xornal Tierras de Santiago. Esta nova veu a confirmar, que dende as institucións municipais se poden mudar para ben certas conductas individuais ou familiares, como neste caso é o tratamento do lixo. Dende que existe un goberno nacionalista en Arzúa moitas foron as diversas accións encamiñadas a preservación do noso medio ambiente: peche do vertedeiro de Maroxo, campaña de reparto de composteiros, campaña “En Arzúa reciclamos”, etc. e así, os resultados saltan á vista.
Noticia completa do xornal :
Arzúa mejora sus cifras en recogida selectiva de basura.
13.03.2007 Se reciclaron casi cuarenta mil kilos de papel y cartón en 2006 ·
El Ayuntamiento de Arzúa ha batido récords en el año 2006 en cuanto a reciclaje de residuos. Las cifras demuestran claramente la concienciación de los vecinos en cuanto al respeto al medioambiente. Los mejores resultados se obtuvieron en la recogida de papel y cartón, con casi cuarenta mil kilos de estos materiales. Esta cifra supera en más de siete mil a los reciclados en la campaña anterior, en 2005. En cuanto al vidrio, en 2006 se recogieron un total de 123.750 kilos, superando en más de 7.000 las cifras alcanzadas durante el año anterior. Si se comparan las dos anteriores cifras con el inicio de la campaña de reciclaje en este municipio, que tuvo lugar en 2002, los números hablan por sí solos. Durante ese año se recogieron 12.700 kilos de papel y cartón, casi la mitad de los que se han recogido durante el año 2006; y 33.580 de vidrio, prácticamente la cuarta parte de los resultados obtenidos durante la última campaña. En el rural Por otra parte, el departamento de Medio Ambiente arzuano realizó en los últimos dos años recogidas de plásticos agrícolas por las parroquias. Así, se obtuvieron 35.000 kilos durante 2005 y 38.630 en 2006, resultando bajo el aumento en este tipo de desechos. El balance final realizado por el Ayuntamiento concluye que la suma total de materia reciclada durante el pasado año asciende a 270.507 kilos, entre vidrio, papel, cartón y plásticos agrícolas. A esta cantidad se añaden 37.000 de materia orgánica que se recicló a través del compostaje. Por su parte, la brigada de limpieza de Ames ha recogido desde el pasado mes de enero unas noventa toneladas de materiales de desecho en las zonas rurales del municipio
Arquivado en Goberno Municipal |
Sen comentarios »