Aymerich e Suárez Canal, mostran o seu apoio a Xaquín
25 de febreiro do 2007 publicado por
bngarzua
O voceiro do BNG no parlamento de Galiza, e máis o conselleiro de Medio Rural mostraron onte o seu apoio ao candidato para a alcaldía do BNG no noso concello, nun acto que foi presentado polo responsábel local, X.X Carril. Os tres fixeron referencia ao bó facer, durante estes últimos 4 anos, de Xaquín e o seu equipo de goberno, a pesar dos atrancos que tiveron xa dende o principio da lexislatura. (en referencia ao pacto co PSOE).
Para que na próxima lexislatura, non suceda isto, pediron o esforzo de tod@s @s arzuáns para poder ter un goberno únicamente e cunha maioría suficiente nacionalista.
Xaquín fixo un resumo do que foron estes 4 anos de goberno e asegurou que de non ser polos atrancos que lles puxeron os edís socialistas, os feitos houbesen sido moito máis notábeis. Aínda así, o actual rexidor, está moi satisfeito polo traballo feito, anque afirmou que aínda queda moito por cambiar.
Arquivado en Actos |