Aymerich e Suárez Canal, mostran o seu apoio a Xaquín

25 de febreiro do 2007 publicado por bngarzua

O voceiro do BNG no parlamento de Galiza, e máis o conselleiro de Medio Rural mostraron onte o seu apoio ao candidato para a alcaldía do BNG no noso concello, nun acto que foi presentado polo responsábel local, X.X Carril. Os tres fixeron referencia ao bó facer, durante estes últimos 4 anos, de Xaquín e o seu equipo de goberno, a pesar dos atrancos que tiveron xa dende o principio da lexislatura. (en referencia ao pacto co PSOE).
Para que na próxima lexislatura, non suceda isto, pediron o esforzo de tod@s @s arzuáns para poder ter un goberno únicamente e cunha maioría suficiente nacionalista.

Xaquín fixo un resumo do que foron estes 4 anos de goberno e asegurou que de non ser polos atrancos que lles puxeron os edís socialistas, os feitos houbesen sido moito máis notábeis. Aínda así, o actual rexidor, está moi satisfeito polo traballo feito, anque afirmou que aínda queda moito por cambiar.

Arquivado en Actos | Sen comentarios »

Programación para a Festa do Queixo

23 de febreiro do 2007 publicado por bngarzua

Dende o BNG local queremos dar os nosos parabéns ao goberno nacionalista do Concello de Arzúa e a todas as persoas que fan que sexa posíbel ano tras ano realizar esta festa grande do noso concello.

Polo seu interese, reproducimos a continuación o programa da Festa. Podes acceder ao cartel do programa en versión PDF [aquí]

Venres, 2 de marzo
21.30 h NOITE DE RUADA.Cantigas populares
- MINI E MERO
- FOL DE VENENO
- A RONDALLA MORAIMA

Sábado, 3 de marzo

16.30 h APERTURA PORTAS RECINTO FEIRAL
Exposición e venda de queixos
Obradoiro de elaboración de queixo tradicional -para mozos e nenos-
Exposición “Concurso Cartaz Anunciador XXXII Festa do Queixo”. Na Capela da Madanela

18.00 h INAUGURACIÓN OFICIAL XXXII FESTA DO QUEIXO. Na Praza da Vila Pregón:Yolanda Castaño, poeta
Entrega de Premios “Concurso Cartaz Anunciador XXXII Festa do Queixo”
Entrega premios I Concurso de Tapas e Pinchos Festa do Queixo
Entrega de distinción á Persoa Homenaxeada

19.00 h Visita autoridades recinto feiral

20.00 h Charanga os Kilomberos de Monte Alto

22.00 h XXXII FESTIVAL DO QUEIXO
LA EXCEPCIÓN
22.00 h No Campo da Feira
MACACO
23.45 h No Campo da Feira
DIOS KE TE CREW
01.45 h Na Praza da Vila
Domingo, 4 de marzo

10.00 h APERTURA RECINTO FEIRAL: exposición e venda de queixos

10.00 h Grupo Gaiteiros Froito Novo

11.00 h Grupo Gaiteiros Os Melidaos

12.00 h Charanga Os Amigos

12.00 h Demostración elaboración de Queixo de Arzúa. No Recinto Feiral

13.00 h Charanga Os Festicultores

13.30 h Degustación do Queixo Arzúa-Ulloa. No Recinto Feiral

17.00 h Xincana temática do queixo de Arzúa. No Recinto Feiral

19.00 h XXXII FESTIVAL DO QUEIXO
SON DE SEU
19.00 h No Campo da Feira
TREIXADURA
21.00 h No Praza da Vila
———————————————————–
Concurso de tapas e pinchos “FESTA DO QUEIXO”
Nos establecementos de hostalaría e bares de Arzúa, o venres 2 e sábado 3 de marzo.

En colaboración coa Asoc. Hostaleiros de Arzúa e C.R.D.O. Arzúa-Ulloa

Arquivado en Arzúa | Sen comentarios »

Intervención de Inacio García en Radio Arzúa

19 de febreiro do 2007 publicado por bngarzua

Unha das posiblidades que nos ofrece este espazo web, é a de colgar videos ou audios interesantes para calquer nacionalista en Arzúa.

Abrimos este apartado coa intervención de Inacio García, responsábel do BNG na comarca.

Inacio en Radio Arzúa

*para gardar, premer co boton dereito enriba e seleccionar “gardar como”

Arquivado en Multimedia | Sen comentarios »

Presentación de Xaquín como candidato a alcalde

19 de febreiro do 2007 publicado por bngarzua

PD: ao remate, o BNG local convidará aos asistentes a uns pinchos no Restaurante Villanueva

Arquivado en Arzúa | Sen comentarios »