O BNG de Arzúa co PuntoGal.

5 de xaneiro do 2007 publicado por bngarzua

Queremos aproveitar esta publicación dixital para dar a coñecer o proxecto PuntoGal.

PuntoGal é unha iniciativa que pretende conseguir para a lingua e a cultura galega un dominio propio en internet. Este obxectivo, longamente desexado, precisa da suma do maior número posíbel de vontades nun proceso que será longo e tecnicamente complexo.

A promotora do PuntoGal estivo conformada por entidades tan significativas da nosa sociedade como  a Asociación de Editores de Galicia, a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia, a Asociación Fillos de Galicia  fillos.org), o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, o Consello da Xuventude de Galicia, as Empresas Galegas Adicadas a Internet (Eganet), Galicia Hoxe, Idesga-Galego 21ISOC-Galicia, a Mesa pola Normalización Lingüística, a Real Academia Galega (RAG) e Vieiros. Dende entón xa hai novas entidades adheridas, que se poden consultar nesta mesma páxina.

Como é lóxico, nós, como nacionalistas que somos, non podemos deixar de reivindicar algo tan necesario para a cultura galega na rede como é o poder dispor dun dominio propio. Por iso e dende hoxe, na lista de ligazóns estará sempre presente o icono de PuntoGal.

Arquivado en O Blogue |

Escribir comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.