Entroido 2007
19 de xaneiro do 2007 publicado por
bngarzua
Un ano máis, o goberno naiconalista de Arzúa ten a ben promocionar unhas festas tan nosas nestas datas, as festas do entroido.
Como en anteriores edicións, dende o Concello de Arzúa anímase a tod@s @s arzuáns a participar delas. Dende o BNG de Arzúa, non podemos máis que dar os nosos parabéns a este tipo de iniciativas que intentan recuperar o sentir das nosas tradicións.
Queremos tamén animarvos, e desexarvos sorte á hora de poder acadar a un dos formidábeis premios que se outorgan no concurso do día 18 de febreiro.
As bases do concurso son as seguintes :
Bases do Concurso de Carrozas e Comparsas:
- Poderán presentar carroza ou comparsa cantas persoas, grupos de persoas ou asociacións o desexen.
- A escena a representar é libre.
- Para participar no concurso é obrigatorio inscribirse previamente no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa, en horario de 09:00 a 15:00 horas ou chamando ó 981.500.000 (ext.22, preguntar por Patricia).
- O prazo de inscrición remata ás 15:00 horas do venres, 16 de febreiro de 2007.
- O desfile celebrarase o domingo, 18 de febreiro de 2007 a partir das 17:30h. O percorrido comezará e rematará no Centro Multiusos de Arzúa.
- Os grupos participantes deberán presentarse no Centro Multiusos media hora antes da saída.
- Cada grupo de participantes deberá levar diante, nun lugar destacado, un cartel ou bandoleira no que figurará a denominación do mesmo.
- Os premios establecidos polo Departamento de Cultura son os seguintes:
Para as carrozas:
1º Premio: 500 €
2º Premio: 300 €
3º Premio: unha cesta de Entroido
Para as Comparsas:
1º Premio: 200 €
2º Premio: 100 €
3º Premio: unha cesta de Entroido - O xurado nomeado ó efecto será o encargado de outorgar os premios, tendo a facultade de non admitir no desfile e no concurso aquelas Carrozas/Comparsas que considere non reúnen as condicións estéticas suficientes. O seu fallo será inapelable.
- Os membros do xurado ó outorgar as diferentes puntuacións terán en conta a vistosidade, orixinalidade e posta en escena, tanto da Carroza/Comparsa coma do disfrace, así como a adecuación destes con motivos propios do Entroido.
- O Departamento de Cultura resérvase o dereito de alterar ou modificar se fose preciso o lugar, data e hora do concurso.
- A participación neste concurso implica a aceptación das bases establecidas.
Bases do Concurso de Disfrace Infantil:
- Poderán participar cantos nenos/as o desexen, en idades comprendidas entre os 0-16 anos.
- O concurso de disfraces terá lugar durante o Desfile de Carrozas e Comparsas, o domingo, 18 de febreiro de 2007, a partir das 17:30 h. O percorrido (de 1,5 Km) comezará e rematará no Mercado-Centro Multiusos de Arzúa.
- Só haberá unha categoría (disfrace infantil) con tres premios.
- Os premios establecidos polo Departamento de Cultura son:
1º Premio: un ordenador
2º Premio: un teléfono móbil
3º Premio: un reprodutor de CDs portátil - Para optar ó premio é obrigatorio ir disfrazado e realizar o percorrido completo do desfile.
- O Xurado nomeado ó efecto (o tamén formado para o Concurso de Carrozas e Comparsas) será o encargado de outorga-los premios que se entregarán ó remate do concurso.
- En igualdade de condicións, serán preferentemente valorados os deseños propios.
- Todos os nenos/as que desexen participan deberán presentarse no Mercado Municipal media hora antes da saída.
- A participación neste concurso implica a aceptación das bases establecidas
Arquivado en Arzúa |
Sen comentarios »
Adxuntamos o arquivo co artigo de opinión que o portavoz parlamentar do BNG, Carlos Aymerich, vén de escreber, publicado no semanario A Nosa Terra. Baixo o título “Política e moral”, o parlamentar analisa o comportamento das distintas forzas políticas estatais perante o novo atentado de ETA.